Gran Enciclopedia Galega (Silverio Cañada)

Extractado:

…Na última década do século XIX encotráronse no arquivo municipal de Pontevedra uns documentos datados no século XV e principios do XVI, referidos a xentes do mar apelidadas De Colón. Durante máis de vinte anos e baixo os auspicios da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, estívose realizando unha serie de estudios encamiñados a buscar unha posible relación familiar entre estas persoas e Cristóbal Colón. Este labor culminou coa obra de Celso García de la Riega, Colón español, na que desenvolve unha tese segundo a cal o navegante puido nacer en Pontevedra, aínda que nos citados documentos non había ningún tipo de referencia a tal posibilidade de parentesco ente Cristóbal Colón e as devanditas persoas. Valíanse de que nesta cidade exsteisen os nomes de Domingo, Bartolomé e Critóbal e de que só en Pontevedra aparecesen xentes da época do descubrimento de América que levaran o apelido do descubridor. Tamén resultaba curioso que o apelido destes homónimos de Colón tivesen anteposta a preposición de, xa que no testamento de 1498 o navegante fai constar que só son de liñase verdadeira os que se chaman De Colón, e nas capitulacions de Santa Fe comparece como Cristóbal de Colón.

García de la Riega faleceu en 1914, cinco semanas despois da publicación da súa obra, e dous meses máis tarde, o cronista Serrano Sanz publicaba un taballo no que denunciaba como falsos a maior parte dos documentos proporcionados por De La Riega, En 1917, Oviedo Arce emitiu un amplo e documentado informe no que, recollendo o sentir da Real Academia Galega, da que era membro, confirmaba que a documentación pontevedresa fora manipulada e aconsellaba silencia-la campaña de García de la Riega. Sen embargo, a tese pontevedresa seguía contando con moita aceptación, principalmente entre a colonia galega de América…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.