GENEALOGIAS

Colones Pontevedreses

Descendentes de Cristóbal Colón en Pontevedra Recollido do Forum de Linaxes de www.Xenealoxia.org Pousada (Foreiro maior)

Rexistrado: Sep 15, 2006 Mensaxes: 105 Ubicación: Pontevedra Publicado: Dom 24 Set 2006, 18:19 Asunto: Colón (Pontevedra)

OS COLÓN DE PONTEVEDRA

Á marxe da polémica nacionalidade de Cristóbal Colón (xenovés, portugués, galego, francés, catalán, mallorquín, grego…), un feito curioso e interesante é que nos fondos parroquiais de San Bartolomé de Pontevedra existen referencias a algúns dos seus descendentes. Este feito xa foi investigado por Ramón Sobrino Buhigas (“La descendencia de Colón en Pontevedra”) e por Alfonso Philippot Abeledo (“La identidad de Cristóbal Colón”). Velaquí a súa liñaxe.

I xeración

Cristóbal Colón, primeiro Almirante de la Mar Océana, descubridor das Américas. finado o 20 de maio de 1506 en Valladolid. Mantivo unha relación con Filipa Muñiz de Perestrello y Melo, filla de Isabel Muñiz e de Bartolomé de Perestrello y Melo. Froito deste amor sería o seu fillo:

II xeración

Diego Colón de Melo, nado en 1483 e finado en 1526, segundo Almirante da Mar Océana. Casou en 1508 con María de Toledo y Rojas. Filla de Fernando Álvarez de Toledo e de María de Rojas y Pereira. Tiveron por fillos a III 1-7 Da súa amante en 1507, Constanza Rosa de Burgos tivo a III 8, e da súa amante en 1508, Isabel Samba de Bilbao, tivo a III 9

III xeración

1. Felipa Colón de Toledo, finada en 1548. 2. María Colón de Toledo, finada en 1578. Casou con Sancho Folch de Cardona y Ruiz de Lihori, gran Almirante de Aragón. 3. Juana Colón de Toledo. Casou en 1537 con Luis de la Cueva y Toledo, comendador da Orde de Santiago. 4. Isabel Colón de Toledo, finada en 1551. Casou con Jorge Alberto de Portugal, primeiro conde de Gelves. Fillo de Álvaro de Portugal e de Felipa de Melo. Faleceu en 1549. Tiveron por fillo a IV 5. Luis Colón de Toledo, nado en 1522 e finado en 1572. Casou en 1543 con María de Mosquera y Pasamonte, filla de Juan de Mosquera e de Ofrasina de Pasamonte. 6. Cristóbal Colón de Toledo, nado en 1523 e finado en 1571. Casou con Ana de Pravia. 7. Diego Colón de Toledo, nado en 1526 e finado en 1542. 8. Cristóbal Colón 9. Francisco Colón, nado en 1508 e finado en 1546.

IV xeración

Álvaro de Portugal, segundo conde de Gelves. Faleceu o 29 de setembro de 1541. Casou con Leonor de Milá y Córdoba, filla de Álvaro Fernández de Córdoba y Zúñiga, segundo señor de Valenzuela, e de María Manuel y Milá de Aragón. Tiveron por fillos a V

V xeración

1. Nuño Colón de Portugal, nado en 1565 e finado en 1622. Casou en 1593 con Aldonza Espinosa. Filla de Diego Espinosa y de la Bastida, e de Luisa Portocarrero. Tiveron por fillos a XIV 1-5. Fóra do matrimonio tivo a V 6 con Luisa de Aragón. Do resto dos fillos de Nuño Colón descoñécese a súa maternidade. 2. Jorge Alberto Colón de Portugal, terceiro conde de Gelves, falecido o 29 de abril de 1983. Casou con Bernardina Vicentelo.

VI xeración

1. Álvaro Jacinto Colón de Portuga, falecido en 1636. Casou en 1624 con Catalina de Portugal y Castro, filla de Leonor de Colón e de Fernando de Castro. Falecida en 1634. (Para a súa descendencia ver «Duquesa de Alba, ascendencia galega» nesta mesma web) 2. Cristóbal Colón de Portugal 3. Leonor Colón de Portugal. Casou co cabaleiro milanés Agostino Homo Dei, segundo marqués de Piovera 4. Luisa Colón de Portugal 5. Felipa Colón de Portugal 6. Pedro Colón de Portugal, nado en 1617 e finado en 1674. Casou en Badaxoz en 1653 con Francisca de Cabrera y Silva, nada en 1622 e finada en 1694. 7. María Juana Colón de Portugal, casou con Diego Henríquez Flores (o Diego Hernández Ovens). Tiveron por fillos a VII. 8. Josefa Colón de Portugal

VII xeración

1. Miguel Enríquez Flores y Colón de Portugal. Faleceu en Pontevedra o 22 de decembro de 1675 e foi soterrado na igrexa conventual de San Francisco. Casou con Jerónima de Bargas Machuca. Tiveron por fillos a VIII. 2. Catalina Enríquez Colón de Portugal. Casou en 1631 con Jorge Juan de Lima Soutomaior, fillo do quinto vizconde de Vilanova da Cerveira, fillo de Francisco Borges de Lima e de Beatriz de Alcaçoba. Finado en Alcacer do Sal en 1663.

VIII xeración

1. Juana de Bargas. Casou en1694 con José Nicolás de Castañeda, na Igrexa Parroquial de San Bartolomé de Pontevedra. Sen descendencia 2. Catalina Colón de Portugal. Finada o 27 de febreiro de 1737 e soterrada en San Francisco de Pontevedra. Casou arredor de 1682 en San Bartolomé de Pontevedra con Francisco Henríquez de Bargas. Tiveron por fillos a IX 1-3 3. Josefa Colón de Portugal. Finada o 25 de decembro de 1714. Casou en primeiras nupcias en 1695 con Miguel de Eguiluz e, en segundas, en 1714 con José de Onís y Cisneros, fillo de Jacinto Benito de Onís y Sarabia, rexedor perpetuo de Pontevedra e de Inés de Cisneros. Finado o 25 de decembro de 1714, o mesmo día que a súa muller.. Ámbolos dous foron soterrados en San Domingos de Pontevedra. Do seu primeiro matrimonio tivo por filla a IX 4

IX xeración

1. Miguel Enríquez Colón de Portugal. Nado en Pontevedra, chegou a alcalde maior de Nueva España (México), onde se presume que morreu. 2. María Benita de Bargas Machuca y Colón de Portugal. Nada en 1676 e finada o 26 de agosto de 1762. Casou arredor de 1705 en San Bartolomé de Pontevedra con Pedro Antonio de la Vega, parente do rexedor de Pontevedra en 1654, Antonio de la Vega. Tiveron por fillos a X 3. Rosa Enríquez Colón de Portugal. Nada en 1696 e finada antes de 1749. Casou con Lorenzo Mariño de Lobeira, fillo de José Mariño de Lobeira y Soutomaior e de María Ignacia de Valladares y Arango, fregueses de San Xoán de Marín. Sen sucesión. 4. María de Eguiluz Colón de Portugal. Casou en 1719 con Domingo Antonio Fandiño, natural de Santiago. Fillo de Pedro Fandiño e María de Castro.

X xeración

1. Baltasar Ignacio de la Vega Enríquez Colón de Portugal. Nado arredor de 1706. Emigrou a San Miguel de Culiacán (México) despois de 1726. Casou arredor de 1734 con Ana Irene de la Puente. 2. Diego Nicolás de la Vega Enríquez Colón de Portugal. Bautizado en San Bartolomé de Pontevedra o 18 de decembro de 1708. Coma o seu irmán, emigrou a México. Casou con María Rosa de Casas, filla de Francisco de Casas e de Juana Quintero Beltrán. 3. María Vicenta Micaela de la Vega Enríquez Colón de Portugal. Bautizada en San Bartolomé de Pontevedra o 9 de abril de 1729 e finada o 28 de xullo de 1790 (ou 1780). Casou con Tomás Arias Mariño. Tiveron por filla a XI 4. Antonio de la Vega Enríquez Colón de Portugal. Bautizado en San Bartolomé de Pontevedra o 14 de decembro de 1724. 5. Juan de la Vega Enríquez Colón de Portugal. Bautizado en San Bartolomé de Pontevedra o 1 de maio de 1718. 6. Benito Eusebio de la Vega Enríquez Colón de Portugal. Bautizado en San Bartolomé de Pontevedra o 22 de novembro de 1716. 7. Joaquín Gregorio de la Vega Enríquez Colón de Portugal. Bautizado en San Bartolomé de Pontevedra o 14 de decembro de 1724. 8. Catalina de la Vega Enríquez Colón de Portugal.

XI xeración

María Arias Mariño de la Vega. Da súa relación con Vicente Gil, sarxento do Regimiento de la Princesa en Pontevedra, tivo por filla a:

XII xeración

Vicenta Gil Arias-Mariño de la Vega y Colón de Portugal, «La Aldonza». Bautizada en Pontevedra o 30 de outubro de 1801 e finada en 1860. Presumiu de ser a única descendente viva de Cristóbal Colón, ainda que non foi crida e morreu na máis absoluta miseria.

FONTES

SOBRINO BUHIGAS, Ramón (1924): “La descendencia de Colón en Pontevedra”, en Faro de Vigo, 26 de setembro de 1924. PHILIPPOT ABELEDO, Alfonso (1994): «La identidad de Cristóbal Colón»

Alfonso F. Pousada tripilunar@yahoo.es
XENEALOXIA DE CRISTOBO COLÓN (Xenealoxía dos Colón de Pontevedra, segundo Emilia Gutierrez Solano)

I XERACIÓN

– Presunto mercenario alemán orixinario de Colonia. Fixase, presumibelmente, en Pontevedra

II XERACIÓN

– Bartolomeu de Colón, nacido sobre 1390 – Domingos de Colon, O Vello, nado sobre 1390 – Branca de Colón, n. sobre 1390, casou con Afonso de Soutelo – María de Colón, n. sobre 1390, cs. con Xoan de Viana, O Vello, e con Xoán Ossorio

III XERACIÓN

– Domingos de Colón, O Mozo, n. sobre 1420 – Branca de Soutelo, n. 1420, cs. Martín Gotierrez

IV XERACIÓN

– Cristobo de Colón, n. sobre 1440

V XERACIÓN

– Afonso de Colón, n. sobre 1460 – Xoán de Colón, n. sobre 1470

BIBLIOGRAFÍA: Gran Enciclopedia Gallega, T.8, páx.36

Casa de Sotomayor

CASA DE SOUTOMAIOR (Liñaxe das mais egrexias, nobres e antigas da Galiza)

I XERACIÓN

D. Men Paes Sored – fixo um novo solar no val do Souto, que por ser o maior, ficou coñecido como Soutomaior. c.c. D. Ines Peres de Ambia, filla de Pedro Paes de Ambia e de D. Maria Fernandes.

II XERACIÓN

D. Paio Mendes Sored Soutomaior, 2º Señor da Casa de Soutomaior – (foi o primeiro a usar o nome Soutomaior), c.c. D. Ermezenda Nuñes Maldonado, filla de Nuno Peres Maldonado e de D. Aldara Fernandes Turrichao. Paio Méndez Sorred de Soutomaior, nado no século XII. É posíbel que Paio sexa neto de Men Páez e non o fillo.

III XERACIÓN

D. Alvaro Paes Soutomaior, 3º Señor da Casa de Soutomaior c.c. D. Teresa Paes Rodeiro, filla de Fernao Peres Rodeiro.

IV XERACIÓN

D. Pedro Alvares Soutomaior, 4º Señor da Casa de Soutomaior c.c. D. Elvira Anes Mariño, filla de Joan Peres Mariño e de D. Tareixa Paes Mariño.

V XERACIÓN

Alvaro Peres Soutomaior, 5º Señor da Casa de Soutomaior c.c. Dinez Anes de Castro, Señora de Fornelos, filla de Joan Fernandes de Castro, Señor de Fornelos e de D.Rica Fernandes Turrichao.

VI XERACIÓN

Fernao Anes de Soutomaior Castro, 6º Señor da Casa de Soutomaior e de Fornelos c.c. (2º) D. Maria Anes de Novoa, filla de D. Joan Peres de Novoa (Nevoa), Señor da Casa da Maceda e de D.Brites Gonçalves de Menezes.

VII XERACIÓN

Alvaro Paes de Soutomaior, 8º Señor da Casa de Soutomaior e de Fornelos c.c. D. Maior Suares Deza, filha de Diego Gomes Deza e de D.Teresa Vasques Teive.

VIII XERACIÓN

D. Pedro Alvares de Soutomaior, 10º Señor da Casa de Soutomaior e de Fornelos – Fronteiro-Mor da Galiza. c.c. D. Elvira de Benevides (Biedma), filla de Men Rodrigues de Benevides (Biedma), Guarda-Mor de D.Pedro de Castela e Señor da Casa de Benevides, e de D. Tareixa Manrique;

IX XERACIÓN

– Fernán Ianes de Soutomaior, finado en 1440 en Valladolid. Casou con Leonor de Mesia. D. 11º Senhor da Casa de Soutomayor e de Fornelos. Outros din que casou con. D.Constanca Zuniga, filla de D. Diego Lopes Zuñiga, 1º Señor de Monterrei e de D.Elvira Biedma. – Maior de Soutomaior, tía carnal de Alvar Paes de Soutomaior, casou con Rui Sánchez de Mosco, O Bravo. Maior testou en 1472 a favor de Pero Alvarez de Soutomaior, Pero Madruga

X XERACIÓN

– Alvar Paes de Soutomaior, falecido en Marzo de 1468 en Tui.Casou con Maria Ulloa, irmá de Sancho Sánchez de Ulloa, I Conde de Monterrei. Fillo de Fernán e de Leonor, non tivo descendéncia. – Pero Álvarez de Soutomaior, Pero Madruga, fillo bravo de Fernán Ianes de Soutomaior e de Constança de Zúñiga. Casou en Portugal en 1465 con Tareixa de Távora, filla de Alvaro Pires de Távora, Senhor do Mogadouro e de D. Leonor da Cunha.. Faleceu en 1486. D. Pedro Alvares de Sotomayor, 1º Visconde de Tui (25.7.1473) e 1º Conde de Camiña, 12º Señor da Casa de Soutomaior e de Fornelos. Para algúns trata-se de CRISTOBAL COLÓN, fillo bravo de Fernán Ianes de Soutomaior e Constança Colón, neta do primeiro Colon chegado a Galiza.

XI XERACIÓN

– Álvaro de Sotomayor, II Conde de Camiña, casou con Inés Enríquez (Manrique) de Monroy (filla de Fernado de Monroy Roiz de las Varillas, Señor de Belviz e Beleitosa e de Catarina Enrriquez Herrera). D. Alvaro de Sotomayor, 2º Conde de Camiña, 13º Señor da Casa de Soutomaior. – Fernando de Sotomayor – Diego de Sotomayor – Alonso de Sotomayor, coengo de Tui – Cristobo de Sotomayor, morreu novo e sen descendéncia – Maior de Sotomayor, que casou con Diego Reinoso – Constanza de Sotomayor, casou en 1ª con Garcia Méndez de Ceraxe (devanceiro de Frei Martiño Sarmiento) e en 2ª con Diego Sarmiento de Sotomayor (fillo de Diego Sarmiento de Sotomayor, Señor de Salvaterra e Sobroso) – Maria Sánchez de Benavides, filla de Pero Madruga habida fora do matrimónio. Casou con Álvaro de Oya e en 2ª con Juan de Sequeiros – Rodrigo de Sotomayor, fillo bravo – Juan de Sotomayor, fillo bravo. Tivo descendéncia en Portugal. – Teresa de Sotomayor, filla brava. Tivo descendéncia en Portugal. – Nuño de Sotomayor, fillo bravo. Tivo descendéncia en Portugal.

XII XERACIÓN

– Ana Páez de Sotomayor, filla de Mayor e de Diego. Casou con Vasco Ozores – Isabel de Sotomayor, filla de Rodrigo. Casou con Francisco Méndez Feijoo – Pedro de Sotomayor, fillo de Álvaro e Inés. Sucesor da Casa de Soutomaior. Casou con Urraca Osorio de Moscoso (filla de Rodrigo Osorio de Moscoso e de Tareixa de Andrade, irmá de Fernando de Andrade, I Conde de Andrade) – Teresa de Sotomayor, filla de Álvaro e Inés. Casou con Gutierre Bernaldo de Quirós. – Ana de Sotomayor, filla de Álvaro e Inés. Casou con Lope de Montenegro e Sarmiento (fillo de Lope de Montenegro e de Constanza Lopez de Cordido). – Francisca de Sotomayor, filla de Álvaro e Inés. Casou con Diego Álvarez de Sotomayor (non tivo descendéncia), fillo de Fernán Yañez de Sotomayor (Señor de Lantaño) e despois con Garcia Sarmiento de Sotomayor (tivo descendencia), Señor de Salvaterra e Sobroso.

XIII XERACIÓN

– Garcia Ozores de Sotomayor, fillo de Ana e Vasco. – Alvaro de Sotomayor Moscoso, fillo de Pedro e Urraca. Finou con 16 anos. – Teresa de Sotomayor Moscoso, filla de Pedro e Urraca. Sucesora da Casa de Soutomaior. Casou con Suero de Oca (fillo de Alvaro de Oca e Deza e de Maria Sarmiento de Ribadeneira). En 2ª núpcias casou con Fernando de Andrade e Ulloa (fillo bravo de Fernando de Andrade, I Conde de Andarde, e de Maria de Ulloa. – Ana de Sotomayor Moscoso, filla de Pedro e Urraca. Casou con Farnán Pérez de Lanzós e Andrade. (Avós do 1º Conde de Maceda) – Maria de Sotomayor Moscosa. Señora do Coto de Mos, donación do seu tio-avó Diego de Sotomayor. – Alonso Bernaldo de Quirós e Sotomayor, fillo de Gutierre e de Teresa.

XIV XERACIÓN

– Maria de Oca e Sotomayor, filla de Teresa e Suero. Casou con Paio Sorred e Montenegro (fillo de Tristán Montenegro e Crú e de Sancha Mariño de Lobeira). – Pedro de Sotomayor e Andrade, fillo de Teresa e de Fernando. Sucesor da Casa de Soutomaior. Casou en Italia con María de Urquijo (filla de Pedro López de Orduña y Urquijo e de Maria de Baraona. – Fernando de Andrade e Sotomayor, O Coxo. Fillo de Teresa e de Fernando. Casou coa sua curmá Luisa de Montenegro e Mendoza (filla de Fernando de Montenegro e Sotomayor e de Mayor de Mendoza e Caamaño)

XV XERACIÓN

– Fernán Yañez de Sotomayor e Andrade, fillo de Pedro e Teresa. Sucesor da Casa de Soutomaior. Casou en 1603 con Maria de Noronha e Abreu. (filla de Lopo Gomes de Abreu e Noronha e de Tareixa de Montenegro Oca e Sotomayor (filla de Paio Sorred Montenegro e Maria de Oca e Sotomayor)). – Tareixa de Sotomayor, filla de Pedro e Tareixa. Casou con Baltasar Sarmiento e Cadórniga.

XVI XERACIÓN

– Pedro de Sotomayor, fillo de Fernán e de Maria. Finou novo e sen descendéncia – Antonia de Sotomayor e Abreu, filla de Fernán e Maria. Casou con Antonio Sarmiento de Acuña (2º fillo do I Conde de Gondomar). Sen descendéncia – Tareixa de Sotomayor e Abreu, filla de Fernáb e de Maria. Casou con Manuel Sarmiento de los Cobos Luna e Mendoza. Sen descendéncia. – Francisca Luisa de Sotomayor, filla de Fernán e Maria. Sucesora da Casa de Soutomaior. Casou en 1639 con Juan Fernandes de Lima e Brito (fillo de Lourenço de Lima Brito e Nogueira e de Luisa de Tavora). Faleceu en 1666. – Benita Antonia de Sotomayor e Abreu, filla de Fernán e Maria. Casou con Alonso Enriquez de Anaya e en 2ª núpcias con Antonio Vidania.

XVII XERACIÓN

– Baltasar de Sotomayor, fillo de Francisca e Juan. Faleceu de neno. – Gaspar de Sotomayor, fillo de Francisca e Juan, sen descendéncia. – Fernán Yañez de Sotomayor e Lima, fillo de Francisca e Juan. I Duque de Soutomaior. Casou con Petronila de Mendoza e Chaves (filla de Luis de Mendoza e de Isabel de Mendoza). En 2ª núpcias casou con Teresa Pacheco Sotomayor e Meneses, da que non tivo descendéncia. – Luisa Maria de Sotomayor, filla de Francisca e Juan. Casou con Felipe Folch de Cardona. II Duquesa de Soutomaior – Juana de Sotomayor, filla de Francisca e Juan. Nacida en 1655, casou en 1678 con José Masons y Manca (fillo de Santiago Félix Masons y Samna de Castelví e de Elena Manca de Guiso).

XVIII XERACIÓN

– Vicente de Sotomayor e Mendoza, fillo de Fernán e de Petronila. Faleceu de neno. – Luis de Sotomayor e Masons, fillo de Juana e José. Morreu de neno. – Felix Fernando Yáñez de Sotomayor Masons de Lima, fillo de Juana e José. III Duque de Sotomayor, naceu en Caller (Serdeña) o 03.12.1684, sucedendo a sua tia en 1726. Casou en 1715 coa sua curmá Laura Masons y Martin de Saluzo (filla de Ramon Masons y Manca de Guiso e de Ana Martin de Saluzo y Masons). – Antonio de Sotomayor, fillo de Juana e José. Faleceu de neno – Fernando de Sotomayor, fillo de Juana e José. Morreu de neno. – José de Sotomayor, fillo de Juana e José. – Francisco de Sotomayor, fillo de Juana e José. – Jaime de Sotomayor, fillo de Juana e José – Maria de Sotomayor, filla de Juana e José. Casou en 1704 con Felix Margens de Nin y Marca – Juana e José tiveron 4 fillas máis que faleceron de nenas.

XIX XERACIÓN

– Ana Maria de Sotomayor Masons e Lima, IV Duqesa de Sotomayor, filla de Felix Fernando e Laura. Naceu en Cagliari (Serdeña) o 19.04.1718. Matrimoniou en 1734 con Domingo Manuel Enriquez de Navarra (fillo de José Enriquez de Navarra e de Bernardina Enriquez de Navarra e Ezpeleta, bis-neto de Benita Antonia de Sotomayor e Abreu). Faleceu o 17.03.1789 sen descendéncia. – Ignacio Jaime de Sotomayor e Margens de Nin Masons e Lima, fillo de Felix e Maria. Naceu en Caller (Serdeña) o 18.05.1772

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.