La fragata F-105 «Cristóbal Colón» fabricada en Galicia como la Nao «Santa María»

Navantia Fene-Ferrol entrega a la Armada española la Fragata ‘Cristóbal Colón’

En su construcción, realizada íntegramente en los astilleros de Navantia en Fene y Ferrol, se han empleado 2.450 toneladas de acero, 400.000 metros de cable y 37.000 metros de tubería

E.P. FERROL  | 23.10.2012

Navantia ha hecho entrega a la Armada española de la F-105 ‘Cristóbal Colón’ en un acto interno y austero celebrado en el Arsenal Militar de Ferrol, al que no se convocó a los medios de comunicación y que estuvo presidido por el Almirante Jefe del Arsenal, Manuel Garat Caramé.

Tras la entrega a la Armada, el buque, el quinto de la serie F-100, iniciará las «actividades que están programadas para alcanzar el exigible grado de operatividad», y que incluyen evaluaciones y calificaciones operativas y de adiestramiento, según ha informado el Ministerio de Defensa.

La Fragata ‘Cristóbal Colón’, cuyo coste se estima en más de 750 millones de euros, contará con una dotación de 234 personas. Al igual que el resto de la serie F-100 está dotada del sistema de combate norteamericano Aegis. Tiene una eslora de 133,20 metros y su desplazamiento a plena carga es de 6.041 toneladas, alcanzando una velocidad máxima de 28,5 nudos.

En su construcción, realizada íntegramente en los astilleros de Navantia en Fene y Ferrol, se han empleado 2.450 toneladas de acero, 400.000 metros de cable y 37.000 metros de tubería.

En el contrato firmado con la Armada de Australia, Navantia ha cedido la tecnología y el diseño para la construcción de tres destructores que están basados en las fragatas españolas F-100.

La construcción de la F-105 se inició en el año 2007 -la firma de la Orden de Ejecución se había firmado el 5 de julio de 2006- y la puesta de quilla tuvo lugar el 20 de febrero de 2009. Un año más tarde, el 4 de noviembre de 2010, el astillero de Ferrol acogió el acto de botadura, en el que ejerció como Madrina la Infanta Margarita de Borbón y Borbón-Dos Sicilias.

REDUCCIÓN DE CARGA DE TRABAJO
La entrega de la F-105 significa también que el astillero de Navantia Ferrol y Fene solo contará con un buque en construcción, el segundo ALHD que se realiza para Australia, el ‘Adelaide’, que ya fue botado este año. De esta forma, por primera vez en 25 años, las gradas de construcción de los astilleros se quedan vacías.

El Comité de Empresa de Navantia ha advertido de la progresiva pérdida de empleo que se está produciendo en los astilleros, entre las empresas auxiliares, pero también de la «subocupación» que puede producirse entre la plantilla principal, formada por cerca de 2.300 trabajadores.

«La situación es muy preocupante, lo veníamos anunciando desde hace meses, y esperamos que haya sensibilidad del Partido Popular, que es quien gobierna desde Ferrol, hasta la Xunta y el Gobierno, no valen declaraciones como arma arrojadiza como hizo Alberto Núñez Feijóo en Ferrol», aseguró el portavoz del Comité de Navantia Ferrol, Ignacio Naveiras.

A las 11:00 horas de este miércoles 24 de octubre tendrá lugar la reunión de la Comisión de Seguimiento del dique flotante que tiene que estudiar la construcción de esta infraestructura, que se demanda desde el sector para que en la ría de Ferrol se puedan reparar buques de gran calado. El encuentro tendrá lugar en el astillero de Navantia Ferrol, con presencia de los representantes de los Comités de Empresa, de la propia compañía y de los municipios de la comarca.

Los héroes – Colón, gallego

En ContraPortada:

Demostración plena, documentada, irrebatible de que Colón era gallego.

SELECCIÓN, de lo que sobre este asunto han escrito sus reconocidos defensores; Celso García de la Riega, Rafael Calzada, Ricardo Beltrán y Rózpide, J.M. Riguera Montero, Prudencio Otero Sánchez, y otros. ¡Loor a ellos!

Finales años 20 principios del 30

Gran Enciclopedia Galega

Artículo sobre Cristóbal Colón basado en la Tesis de Emilia Rodríguez Solano

Emilia Rodríguez-Solano Pastrana
Emilia Rodríguez-Solano Pastrana

COLOMBO, COLÓN, Cristóbal. Na última década do século XIX encontráronse no arquivo municipal de Pontevedra uns documen­tos datados no século XV e principios do XVI, referidos a xentes do mar apelidadas De Colón. Durante máis de vinte anos e baixo os auspicios da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, estívose re­alizando unha serie de estudios encami- ñados a buscar unha posible relación fa­miliar entre estas persoas e Cristóbal Co­lón. Este labor culminou coa obra de Cel­so García de la Riega, Colón español, na que desenvolve unha tese segundo a cal o navegante puido nacer en Pontevedra, aínda que nos citados documentos non había ningún tipo de referencia a tal posibilidade de parentesco entre Cristóbal Colón e as devanditas persoas. Valíanse dé que nesta cidade existisen os nomes de Domingo, Bartolomé e Cristóbal e de que só en Pontevedra aparecesen xentes da época do descubrimento de América que levaran o apelido do descubridor. Tamén resultaba curioso que o apelido destes homónimos de Colón tivesen an­teposta a preposición de, xa que no testa­mento de 1498 o navegante fai constar que só son de liñaxe verdadeira os que se chaman De Colón, e ñas capitulacións de Santa Fe comparece como Cristóbal de Colón.

García de la Riega faleceu en 1914, cinco semanas despois da publicación da súa obra, e, dous meses máis tarde, o cronista Serrano Sanz publicaba un tra- ballo no que denunciaba como falsos a maior parte dos documentos proporcio­nados por De la Riega. En 1917, Oviedo Arce emitiu un ampio e documentado informe no que, recollendo o sentir da Real Academia Galega, da que era membro, confirmaba que a documenta­ción pontevedresa fora manipulada e aconsellaba silencia-la campaña de Gar­cía de la Riega. Sen embargo, a tese pontevedresa seguía contando con moita aceptación, principalmente entre a colo­nia galega de América. En 1929 a Real Academia da Historia fixo pública unha resolución pola que, facendo seu o informe de Oviedo Arce, se pronunciaba en contra da autenticidade dos tan discu­tidos documentos. A pesar deste infor­me, algúns autores galegos volveron so­bre o tema co fin de defende-la tese pon­tevedresa, aínda que as súas teorías xa se parecían moi pouco á exposta inicial­mente. Destaca a publicación España, patria infalible de Colón, de Luciano Rey Sánchez, na que rexeita as críticas de Astrana Marín sobre a tese ponteve­dresa e analiza, moi autorizadamente pola súa condición de notario, os testemuños do almirante e outros documen­tos civís, dubidando da súa autenticida­de nuns casos, e negándollela rotunda­mente noutros. Antonio Fernández e Fernández publicou entre 1956 e 1958 unha serie de catorce fascículos nos que, baseándose nunha ampia información bibliográfica, realiza un detallado estu­dio da vida de Cristóbal Colón e confec­ciona unha lista de feitos incompatibles coa tese tradicional xenovesa e que, sen embargo, se adaptan perfectamente á hi- pótese pontevedresa. José Mosqueixa Manso, capitán mercante e gran coñece- dor do Caribe, publicou en Bos Aires a obra La cuna gallega de Cristóbal Co­lón, na que, tras un minucioso estudio das rutas que seguiu Colón ñas súas via- xes, ofrece unha longa lista de nomes eos que bautizou as costas americanas, que teñen os seus homónimos na costa pontevedresa. F. Romero Lema, en La lengua de Cristóbal Colón, recolle un gran número de galeguismos que di ter atopado en diferentes escritos de Colón e que lie permiten afirmar que os dialec­talismos que Menéndez Pidal cualificou de lusismos son auténticos galeguismos. Á parte doutros traballos análogos, foi moi frecuente a publicación de artigos de prensa que se ocuparon deste tema. A documentación proporcionada por Gar­cía de la Riega foi obxecto dun exhaus­tivo estudio posterior, coa aplicación de modernas técnicas fotográficas, análise de tintas e emprego de luz negra. A raíz desta investigación atopáronse grandes erros na crítica documental que no seu día realizaron Serrano Sanz, Oviedo Ar­ce e a Real Academia da Historia. A in­terpretación de Serrano Sanz sobre un suposto adorno ou til contracción non é válida, xa que se trata do trazo inferior do y correspondente ó nome Lyonor, que figura inmediatamente encima; como mostra pódense ver ata dezasete letras iguais terminadas interiormente con idéntico trazo. A súa aseveración de que Cristo se escribía daquela baixo a forma Xpo e que, polo tanto, Cristóbal e Cristobo deberían escribirse Xpobal e Xpobo, é certa, pero esqueceu sinalar que Cristo tamén se escribía Xo, resultando inadmisible que non o tivera en conside­ración cando o que destaca entre as es- trañas grafías é precisamente Xo. En con­secuencia, as formas X°bal e X°bo son tan dignas de ter en conta coma Xpobal e Xpobo. Precisamente, no documento denominado por García de la Riega “Bartolomeu de Colón” figura o nome de Xesucristo baixo a forma ihu x°, de onde a forma Xpo non pode considerar­se exclusiva. Tampouco se pode admiti- -la afirmación de Oviedo Arce de que García de la Riega fora o causante das alteracións de orde química que se ob­servan nalgúns documentos; é moi sig­nificativo que só os que se conservan no Museo Provincial de Pontevedra, que son os que Oviedo Arce lies entregou ós analistas para examínalos, presenten es­ta singular alteración, mentres que os que se atopan en poder da familia de García de la Riega carecen dos efectos de calquera manipulación deste tipo. Por outra parte, as descoloracións que se ob­servan, tirando a castaño avermellado, corresponden ó método de identifica­ción das tintas ferrotanogálicas empre- gadas naquela época mediante a aplica­ción dunha solución de hidrato sódico. A razón desta proba era descubrir se os nomes que aínda se len na escritura de fondo, baixo os trazos recalcados, foran escritos con tinta diferente á do resto. Engade Oviedo Arce que, segundo o dictame dos analistas que estudiaron a documentación, se aplicou unha solu­ción amoniacal de ácido oxálico para dadle á tinta unha cor da palla avellenta- da; e para luxa-lo pergamiño, empregouse unha solución acuosa do mesmo áci­do. Sen embargo, non se sabe de ninguén que vise, tal díctame nin que os analistas puidfesen dicir tal cousa, xa que resulta improbable ter un ácido en solu­ción alcalina e, ademais, non se podería mancha-lo papel ou o pergamiño cunha solución acuosa de ácido oxálico, pois en vez de luxar o que faría sería borrar, debido á formación dun complexo de fe­rro, soluble e incoloro.

Polo que respecta ó informe da Real Academia da Historia, convén sinalar que a comisión designada para o estudio da documentación só puido dispoñer de cinco dos trece documentos citados por García de la Riega, xa que os oito restan­tes se atopaban en poder dos seus fami­liares e non puideron ser examinados po­los seus detractores. Da análise do docu­mento designado por De la Riega “Cristobo de Colón”, a comisión considera que as tres primeiras grafías d, xe ó están manipuladas a base de riscar parte das le­tras xenuínas coa intención de aproveitar algúns dos seus trazos para forma-las que se escribiron despois. O texto, antes de ser alterado, dicía: outra herdad de [un nome] de Colón. Sen embargo, unha vez examinado o documento baixo os efectos da luz negra, a escritura da emenda apa­rece en cor negra uniforme e sen que se observe nada que permita supoñe-Ia pre­sencia de dúas tintas diferentes. As pe­queñas manchas próximas ó x confún­dense agora coa fluorescencia do perga­miño, polo que hai que descarta-lo suposto de que sexan restos de anteriores grafías. Deste exame dedúcese que a emenda se fixo no momento de crea-lo documento, que o x suplantou o e da pre­posición de, que a grafía que segue ó x está alterada por algúns trazos da mesma tinta supeipostos á grafía primitiva (esta alteración parece afectarlle só á parte que está sobre a chave que a corta) e que o o que figura por riba parece totalmente xe- nuíno. Se se eliminan os supostos de que este o unido ó gancho do y de Lyonor for­mara un estraño til de abreviatura e que a emenda fora recente, o problema queda reducido á interpretación da segunda gra­fía que podería responder a un (p, de onde resultaría Xo Ferens de Colón, forma coa que habitualmente asinaba o almirante.

Sen embargo, aínda que García de la Riega non tivera que ver coa emenda das grafías que anteceden o apelido De Co­lón nin coas manipulacións de orde quí­mica, existen outras alteracións das que si é responsable, como o feito de que a maior parte dos documentos que pasaron polas súas mans aparece ostensiblemente sobrescrita. Os seus continuadores alega­ron que García de la Riega tivera a infe­liz idea de reavívalos para que ñas repro- duccións saíran claros os nomes que inte­resaban, pero sen que resultase alterada ningunha outra palabra. O certo é que non fixeron nada para probalo, mentres que Serrano Sanz, Oviedo Arce e a Reál Academia da Historia sostiveron que os nomes que figuraban orixinariamente fo- ran substituidos, previo riscado, polos que agora se len; sendo esta acusación a que prevaleceu.

García de la Riega expuxo por primei- ra vez a súa tese en 1898, nunha confe­rencia pronunciada na Sociedade Xeo- gráfica de Madrid, empregando máis ou menos os mesmos documentos e seguin- do as mesmas liñas que as que seguiu, dezaseis anos despois, no libro Colón español. Resulta estraño que, se os do­cumentos que presentou (eran os orixi- nais) estaban xa alterados, os membros da Sociedade Xeográfica non o notasen e, sen embargo, Serrano Sanz o vise tan claro a través duns fotogravados defi­cientes e reproducidos a dous tercios do seu tamaño. Ademais, Ballesteros Beret- ta, que máis tarde sería un dos asinantes do informe da Real Academia da Histo­ria, di: Algúns negáronlles autenticida- de, pero non están no certo; eu exami­nemos por dúas veces, unha no mesmo Arquivo de Pontevedra. […] Agora ben, debemos advertir que os documentos sa- íron en préstamo do Arquivo e estiveron no poder de particulares. De aquí dedú­cese que, en época anterior ó seu estudio da comisión da que el mesmo formaría parte, a documentación aínda non fora alterada. Gracias ó testemuño do ponte- vedrés Joaquín Pintos, que foi o autor das primeiras reproduccións para o libro de García de la Riega, coñécese o autor material da operación. Di o mencionado fotógrafo que só existe o recalcado na parte pouco lexible, labor que foi reali­zado por Nicanor García. Tendo en conta que este naceu en 1889, non puido efectua-lo recalcado antes de 1898, ano no que foron exhibidos na Sociedade Xeográfica, posto que daquela tiña nove anos.

As probas mediante fotografía ó infra- vermello amosan cómo as grafías que constitúen o recalcado destacan sobre a escritura de fondo, debido a que a tinta é de materia máis reflectida, respecto das radiacións infravermellas, que a empre- gada na escritura orixinal de fondo. Me­diante esta proba técnica conseguiron demostrar que non houbo suplantación de nomes; que os que se len agora eran os mesmos que os que se lían antes do reavivado e que este non tivo outra fina- lidade que darlles máis vigor ás grafías correspondentes ós nomes que interesa­ban para que saíran máis claros ñas re­produccións fotográficas, segundo ex­plica o autor en Colón español. Pero o propósito resultou errado, xa que a foto­grafía con placa corrente non distingue matices e as dúas imaxes fúndense nu­nha soa.

Descendentes de Colón documenta­dos en Pontevedra nos séculos XVII, xvm e XIX. Sobriño Buhigas realizou un estudio sobre unha xenealoxía des­prendida da rama principal dos descen­dentes de Colón, que se establece en Pontevedra a mediados do século XVII, onde reside, ata que se extingue no sécu­lo XIX. Esta análise adquire grande im­portancia ó revela-la existencia dun mor- gado ó que están vinculados os bens afectos a esta xenealoxía que, debida­mente situados sobre un plano de Ponte­vedra, aparecen próximos ós que nos sé- culos XV e XVI posuían nesta vila os De Colón.

Traía exposición destes feitos, pódese concluir que non existe falsificación nos documentos de Pontevedra, aínda que al­gúns certamente aparecen recalcados, pe­ro son os que menos importancia teñen, mentres que os que realmente importan están libres de manipulación. Así mes­mo, unha vez saneada a proba documen­tal, existen bases precisas para estructu­rar unha hipótese que lies dá satisfacción ás pretensións pontevedresas.

E para finalizar, compre ter en conta que, conforme foi declinando a obra de García de la Riega ata ser anulada como consecuencia dos ataques dos que foi ob-
xecto e que tanto ían beneficia-la tese tra­dicional xenovesa, tampouco esta puido escapar ós ataques que tanto De la Riega coma os seus seguidores lie asestaran na parte destructiva das súas alegacións, a cal non caeu no descrédito no que inco- rreu a súa parte constructiva. Polo tanto, as reivindicacións de Galicia como patria de Colón continúan en pé. (Emilia Rodríguez- Solano Pastrana)

Diario ABC

Relación de artículos en el Diario ABC de Madrid y Sevilla

Selección de artículos publicados sobre Colón desde comienzos de siglo pasados.

 

ABC-13[1].04.1969-pagina 132

ABC-13[1].04.1969-pagina 133

ABC-13[1].04.1969-pagina 134

ABC-13[1].04.1969-pagina 135

ABC-13[1].04.1969-pagina 136

ABC-13[1].04.1969-pagina 137

ABC-13[1].10.1959-pagina 050

ABC-13[1].10.1959-pagina 051

ABC-13[1].10.1959-pagina 052

ABC-13[1].10.1959-pagina 053

ABC-13[1].10.1961-pagina 036

ABC-14[1].05.1925-pagina 016

ABC-14[1].10.1961-pagina 031

ABC-17[1].02.1927-pagina 006

ABC-17[1].09.1985-pagina 014

ABC-18[1].02.1948-pagina 012

ABC-18[1].02.1960-pagina 031

ABC-18[1].06.1927-pagina 017

ABC-19[1].08.1926-pagina 013

ABC-19[1].10.1927-pagina 019

ABC-20[1].05.1927-pagina 017

ABC-22[1].06.1927-pagina 021

ABC-22[1].11.1928-pagina 015

ABC-23[1].09.1926-pagina 006

ABC-23[1].09.1926-pagina 007

ABC-24[1].11.1927-pagina 025

ABC-25[1].05.1926-pagina 007

ABC-25[1].05.1926-pagina 008

ABC-27[1].07.1926-pagina 011

ABC-27[1].07.1926-pagina 012

ABC SEVILLA-13[1].10.1973-pagina 067

ABC SEVILLA-15[1].11.1963-pagina 011

ABC SEVILLA-15[1].11.1963-pagina 012

ABC SEVILLA-15[1].11.1963-pagina 013

ABC SEVILLA-16[1].02.1969-pagina 057

ABC SEVILLA-06[1].12.1991-pagina 086

ABC SEVILLA-07[1].09.1957-pagina 018

ABC SEVILLA-12[1].10.1992-pagina 198

ABC SEVILLA-12[1].10.1992-pagina 199

ABC SEVILLA-12[1].10.1992-pagina 200

ABC SEVILLA-13[1].10.1973-pagina 067

ABC SEVILLA-27[1].12.1973-pagina 091

ABC SEVILLA-27[1].12.1973-pagina 089

ABC SEVILLA-17[1].11.1973-pagina 087

ABC SEVILLA-16[1].02.1969-pagina 058

ABC SEVILLA-16[1].02.1969-pagina 057

ABC SEVILLA-15[1].11.1963-pagina 013

ABC SEVILLA-15[1].11.1963-pagina 012

ABC SEVILLA-15[1].11.1963-pagina 011

 ABC-JAIME_SOLA1-pagina 004

ABC SEVILLA-12[1].10.1992-pagina 201