Colón, galego – A Nosa Terra – 1934

ANosaTerra1934_Página_2_Imagen_0001No Círculo Mercantil de Pontevedra deu D. Xerardo Alvarez Limeses unha conferencia sobre do tema «Colón, pontevedrés».

A conferencia tiña unha finalidade: intresar ás xentes de Pontevedra na pubricación d’unha obra de Izquierdo Corral, gue a xuicio do conferenciante é un alegato definitivo a prol de tesis «Colón, pontevedrés» que sentou Gar­cía de la Riega, e que tantas polémi­cas ten movido.

N’unha das partes da súa charla, o conferenciante ocupouse dos motivos que ao seu modo de ver poideron in­fluir en que a tesis, pra il indiscutíbel, non prosperase.

Unha d’elas atínguenos direitamente e motiva iste comentario noso.

Dixo o Sr. Alvarez Limeses que tal tesis non topara o calor dos galeguistas. Pero non o dixo como unha cen­sura. Coida il que a razón de que aos galeguistas non nos teña intresado a demostración da procedencia galega do gran navegante aventureiro está no feito de que Colón negase a súa patria.

Pode que o Sr. Alvarez Limeses teña un pouco de razón.

Sin título-1 copiaNon é que aos galeguistas non nos intrese o navegante xenial que presententíu a redondez da Terra e se xogou a vida na precura d‘ un novo camino pra as Indias. Si tal home non era galego, merecía selo. Estamos por afirmar que soio un galego ou portugués podía ter azos pra acome­ter semellante aventura.

Intrésanos, pois, Colón como figura universal, que descubre un novo mun­do e afinca o fito siñalador de novas edades da Historia.

Pero o Colón que nega a súa Patria, calisquera que sexan os motivos que ao principio o determinasen a elo, non pode merecer n’outra orde de ideias a nosa simpatía.

Tempo tivo, despois dos seus glo­riosos viaxes, cando foi despreciado pol’os Reis de Castela, aos que dera un novo mundo, de volver a ela, e de confesala sen rodeos.

Colóri, ademirable como descubri­dor e aventureiro, é, no orde do pa­triotismo galego, o símbol’o de catro séculos da vida de Galiza. O símbolo d-unha Patria, a nosa, que se da en- teira a Castela, esquencida de sí mes- ma, pra non recibir despois mais que desprecios e aldraxes.

Nós preferimos a Galiza dona de sí que non ten outro señor que os destiños que a Historia lie asinalan.

Pol’o demais, a iniciativa do Sr. Al­varez Limeses contará dende logo co noso apoio.—X.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.