A Patria de Colón por Paulos d’Andrade – A nosa terra – 1917

A patria de Colón

 

Para os bos patriotas, Casto Sampedro, Rodrí­guez Lueso e Fernández Gastañaduy que axudan a D. Prudencio Otero Sán­chez nas indagaciós hestóricas sobre a oriundez do descubridor do Novo ‘Mundo.

ANosaTerra1917_Página_2_Imagen_0001Namentras que todol-os historiadores ase­guraron que Colón fora nado en Italia, os italianos non punieron dicir en qué pobo por non teren documentos con que probalo.

Tampouco Colón dixo cousa algunha so­bre este particular. A crítica histórica desfixo moitos erros, e nestes tempos está desfacendo tamén a grande mintira sobre a patria nativa que se lle atribuéu ao grande descubridor d’América.

Xusto E. Areal, un escritor gallego morto xa pra desgracia das nosas letras, foi o primeiro que aló pol-os anos 90 ou 95 do século derradeiro, quixo ademostrar que Galicia era a terra do nacimento de Colón. Anos mais adiante outros gallegos foron da mesma opinión.

Don Celso García de la Riega, xuntou, varios documentos, e co’eles quixo probar que aquela opinión era unha verdade. Mais, á gran parte d’aqueles papes puxéronselle algús reparos. Agora aparecen outros docu­mentos, que estudiará a Real Academia da Historia. Sexa a que queira a sorte de ditas probas, podemos dicir que hai outras que non teñen volta de folla, e que incrinan a que digamos que Cristobo Colón non podía ser mais que galego.

 

O SEU APELLIDO

O nome Colombus, que quer dicir pomba, non foi empregado endexamáis pol-o noso navegante. En Italia non hai o apellido Co­lón. Este e galego, nada mais que galego. Na provincia de Pontevedra abonda moito. Traducir por pomba a palabra colo-colon, e unha das moitas manías dos latinistas, que non ven mais que pol-o ollo do Lacio.

Na nosa fala os nornes, entre outros, co­mo cazo, mouro, touro, tolo, colo, etc., fan os derivados, no sentido de aumento, de cazón, moutón, tourón, tolón, colón.

Colón é pois unha verba soilamente gal­ega. Nos demáis idiomas non ten sentido nin sinificado.

 

HOMES DE DOUS IDIOMAS

ANosaTerra1917_Página_3_Imagen_00011Os franceses do sudeste’ falan indistinta­mente o italián e o francés, e por eso se di que son homes duas veces porque teñen dous instrumentos para tráduciren o pensamento. Un francés que conoza os dous idio­mas neolatinos con ferfeición,sin habelos estudiado, xa se sabe o lugar do seu nacemento.

O mesmo pasaba hasta o século xXVI c’os galegos, qué falaban y escribían o cástelán e portugués con toda a perfeición.

Crísfobo Colon, cando  estivo en Portugal, presentou documentos e peticíós en portugués; mais tarde fixo o mesmo en España. O castelán seu era esgrevio, e non se encontra no seu diario de navegación nin un sólo italianismo, cousa verdadeiramenté rara. O que se atopan son galeguisinos, como aquelo de decir que o sol americano tiña espeto— verba únicamente da nosa fala—e oufras mais que non ofrecen duda de donde era o autor.

Un home que no século xv conocía tan ben o eastelán e mail-o portugués, non po­día ser mais que nado en Galicia.

 

IDIOMAS MEDITERRANEOS

Os dous idiomas peninsuares de que se falou non eran mediterráneos no século xv. O  italián, o catalán, o lemosín, e unha xerga que falaban os piratas derivada de todos éles e do árábe, eran os idiomas dos navegantes do Mediterráneo.

Castela non tiña aínda dominios xeográ- ficos n-aquel mar?

¿Cómo puido Colón adeprender tan perfeitamente, sendo xenovés, o castelán e por­tugués.

A imprenta acababa d’inventarse, mais ainda non se tiña imprentado mais que un libro, a Biblia. Guttemberg morreu en 1468, e o progreso do maravilloso invento foi moi paseniñamente.

A divulgación, pois, de toda eras de conocimentos era moi difícil. Non eisistían gramáticas nin dicionarios imprentados. ¿De qué xeito milagreiro se valeu Colón pa­ra adeprender tan ben os ditos idiomas’? ¿Cantos italianos hai oxe, a pesar dos gran­des medios de que se val a cultura moderna, que poidan escribir coma escribía o Gran Almirante?

Colón non era italián; o bon sentido di­nos que era galego.

 

A CENCIA NAUTICA

Sin título-1Lisboa e Pontevedra, nos séculos XIV, XV e  XVI, eran os centros dos grandes conocimentos náuticos da Europa occidental. Ben sabido é que gran número de descubridores deron Galicia e Portugal.

No tempo de D. Xan II, toda a cencía astronómica estaba n-aquelas cibdades. O Astrolabio, foi aplicado á navegación por portugueses e galegos. Nas construcciós nava­les fixéronse grandes progresos  “e construíronse navios que pol-a sua masa reforzada podían resistir as furias do oucéano”.

Todo indica que Colón puido pensar na realidacte do seu soño, contando cos adian­tos que Galicia lograra na construcción dos navíos.

O barco qu’el mandaba, qu’era o mais grande, foi construido en Galicia, e chamá­base La Gallega.

 

PROBA INDICIARIA

A unha insua qué encontrou diante da proa dó seu navío, no mar antillano, deulle o nome de San Salvador, que é o nome da parroquia dé San Salvador de Poyo; e a primeira bahia que encontrou chmoulle Porto Santo, que é o nome da enseanada de Santa María, sendo este o segundo nome con que bautizaron a carabela La Gallega, no porto de Palos.

No segundo viaxe doulle o nome de A Gallega ó unha insúa, e no terceiro á unha punta de térra púxolle o nome de A Galea, que é en Pontevedra o nome d’un barrio preto do fondeadeiro. N-un ,dos documentos que atopou o Sr. García de la Riega, fala da Galea “que linda con terreos de Domin­go Colón”.

Colón non puxo ningún nome italián as térras que descubreu; nin cando escribeu a Xénova o fixo en xenovés se non en castelán.

 

ORIXE SEMÍTICO DE COLON

O fillo de Colón, D. Fernando, dixo no seu libro “Historia del Almirante”, que seu pai quixo facer desconocidos e incertos seu orixe e patria.

Os Colós de Pontevedra eran xudíos. A Colón éralle comenente calar o seu orixe, pois n-aqueles tempos o xudio, o herexe e os mouros estaban fora das leises da humanidade.

Todo indica que Colón foi galego. Axudar e alentar a quen trate de demostralo documentalmente e de bos patriotas.

Paulos d’ANDRADE