Conferencia na Casa galega de Madrid sobre o Colón galego

Coa conferencia “Cristóbal Colón Gallego. A teoría de Celso García de la Riega a estudo e actualización”, que conmemora a que ofreceu o seu antepasado hai 114 anos

 

Guillermo García de la Riega, J.R.Ónega y E.E. Meruéndano


Guillermo García de la Riega, J.R.Ónega y E.E. Meruéndano

GUILLERMO GARCÍA DE LA RIEGA PRESENTOU NA CASA DE GALICIA A TEORÍA DA GALLEGUIDAD DE COLÓN QUE DEFENDEU CELSO GARCÍA DE LA RIEGA

Madrid, 20 de decembro de 2012. – Guillermo García de la Riega Bellver, biógrafo e bisneto de Celso García de la Riega, explicou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a defensa que realizou o seu antepasado da galleguidad de Cristóbal Colón, na conferencia “Cristóbal Colón Gallego. A teoría de Celso García de la Riega a estudo e actualización”.

O acto realizouse coa colaboración da “Asociación Cristóbal Colón Gallego, Celso García de la Riega”, cuxo presidente, Eduardo Esteban Meruéndano, acompañou o conferenciante, que foi presentado polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega. Entre os asistentes ao acto estaban Cristóbal Colón de Carvajal “Duque de Veragua” e o presidente do Conselo Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa Silva, que impulsa a investigación histórica.

Ónega valorou que a tese defendida por De la Riega merece que sexa considerada polos historiadores e pola cidadanía en xeral e recordou que el mesmo acomete no libro “Los judíos en la historia de Galicia”, do que é autor, a posible galleguidad de Cristóbal Colón porque, sinalou, tamén se dicía que podía ter sangue xudeu.

Meruéndano informou de que a conferencia ofrecida hoxe na Casa de Galicia conmemora do 114 aniversario da conferencia que deu Celso García de la Riega, escritor e investigador, e o que se persegue é dar a coñecer a teoría e revitalizala con novas achegas e descubrimentos, así como “rehabilitar” a Celso García de la Riega, ao que na Asociación que preside consideran “o grande esquecido pola intelectualidade galega”.

Pola súa banda, o conferenciante explicou que o 20 de decembro de 1898 Celso García de la Riega dió unha conferencia en Madrid, na Sociedade Xeográfica, na que presentou a súa teoría sobre a orixe de Colón, cuestionando que fose xenovés, acompañado dos documentos encontrados en Pontevedra co apelido “de Colón”. Eran documentos notariais, do concello e das confrarías pontevedresas neles aparecían nomes como: Bartolomé, Domingo o vello, Domingo o mozo, María, Blanca, Alfonso, Juan e Constanza, todos, “de Colón”.

 

C. Colón de Carvajal, su mujer y Ernestro Pedrosa, entre el público

C. Colón de Carvajal, su mujer y Ernestro Pedrosa, entre el público

Documentación, toponimia e idioma

O baseou a tese da orixe colón galega en tres fundamentos: documentación, toponimia e idioma, dos que presentou unha serie de probas. Aos documentos xa mencionados sumou que, dixo, os nomes que foi poñendo Cristóbal Colón conforme ía descubrindo accidentes xeográficos correspóndense coa toponimia que aparecen na Ría de Pontevedra, Vilagarcía, Vigo, Muros e Noia, Camariñas e Pontevedra cidade. Así temos:
San Salvador, Portosanto (Poio), Punta Galea (Illa Ons), San Miguel, Santa Catalina, San Juan Bautista, San Nicolás (Confrarías ou gremios de Pontevedra), entre outros. Engadiu que o 18 de decembro de 1492 Colón celebrou a festividade da Virxe da O, Patroa da cidade de Pontevedra e foi a única festividade que celebro na primeira viaxe.
En canto ao idioma, mantivo que o célebre navegante usaba moitas palabras galaico-portuguesas e algunhas exclusivamente galegas: espeto, iso, por hizo; boy, por buey e dito, por dicho; debuxar, forno…etc.

 

Investigadores
Indicou así mesmo que a teoría exposta na conferencia inicial tivo un grande éxito que logo ampliou Celso García de la Riega coa publicación en 1914 do libro: “Colón Español, Orixe e patria”.

Despois da súa morte en 1914, aos 70 anos e aos poucos días da publicación do libro, apareceron outros investigadores que recolleron a súa testemuña e foron ampliando os tres fundamentos da súa teoría: apareceron máis documentos co apelido “de Colón”, máis palabras galegas conforme se estudaba as cartas e manuscritos de Cristóbal Colón e en canto a toponimia indicou que hai contabilizados 125 topónimos correspondentes coas Rías, correspondendo case un 80% a Ría de Pontevedra, algúns dos cales presentan a mesma morfoloxía ou orografía entre a orixe do nome e o novo bautizado (Ej.: Baía de Porto Santo, baía de Santo Tomé…).

García de la Riega Bellver tamén se referiu a outros investigadores. Dixo que dende o investigador Enrique Zas (da Real Academia Galega), o personaxe se identificaba cun nobre galego e que as investigacións efectuadas por Alfonso Philippot chegaron á identificación do Descubridor como “Pedro Madruga”, Pedro Álvarez de Sotomayor; nobre con quen concorda a súa identidade e paralelismo de vidas.

 

GABINETE DE COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID, CASA DE GALICIA