Alén do mar – Oscar Ibañez

Oscar Ibáñez nos presenta este trabajo de música Folk, donde algunos entendidos sorprendidos por su calidad, lo sitúan a nivel de Milladoiro y Carlos Núñez.

Como buen vecino de Poio (Pontevedra), aprovecha para hacer un poco de patria y rememorar a su paisano “Colón”,  recuperando unos poemas olvidados de “Ramón Cabanillas”.

 

WWW.OSCARIBANEZ.COM

 

De aquén e de alén do mar

(Prólogo XURXO SOUTO)

 

 

De aqué e de alén do mar

De aqué e de alén do mar

¡O que Celt desotóu contra o Destiño,

poñendo por volado o fondo mar,

segulndo sempre ó sol no seu camiño

Colón, filio de Celt, teño de atar!

Somos un pobo de artistas. Na cerna da música galega está a mestura. Un salgado alimento de vida que chegou -que segue a ir e vir- polos camiños do mar. Par. cosmopolitas nós. Todos temos un avó que parou en Buenos Aires, todos unha bisavoa que aprendeu en Cuba o son do danzón.

Sábeo ben Oscar Ibáñez, o gaiteiro de Porto Santo (nota 1). inquedo, virtuoso, aprendeu dende moi novo a arte do toque pechado dos vellos mestres de Pontevedra. E conforme máis rabuñaban os seus dedos na enxebreza, máis recendía no punteiro o son de América.

Como Ricardo Pórtela, Os Soutelos de Montes, don Perfecto Feijoo co seu coro Aires d’a Terra, como fixera hai máis dun século o Ventosela, Oscar tamén cruzou o Atlántico. E enleadas nesas síncopes africanas que fan bailar ao Novo Mundo -tango, candombe, danzón ou choro o gaiteiro de Porto Santo encontrou as melodías desta ribeira.

Aquén e alén do mar. Oscar estaba preparado. E un día do ano 96, cando andaba a procurar máis saber nos arquivos do Museo de Pontevedra -fonte vizosa dos seus propios mestres-, descobre a profecía. Falo do poema O filio de Celt de Ramón Cabanillas. Conforme o le por vez primeira recoñécese nos seus versos e asúmeo, emocionado, coma unha encomenda: Compre reunir unha tribo, alianza salgada de talento, e crear a gran rapsodia transatlántica.

Antes da historia, o heroe Celt, caminando sempre cara o oeste, seguindo a rota do sol, conduce a súa tribo até os eidos de Galicia, Canso da viaxe, aquí espeta a súa espada. E -prodixio extraordinario- da fenda no chan agroma auga, sepáranse as térras, e afástase, vagando polo océano, ese anaco de mundo que algún día haberemos chamar América.

Miles de anos despois, onda o Lerz, río máxico, medra un emporio do mar: Helenes, peirao de arribada das naves de Irlanda. Alírecala a “Gallega”, caravela abenzoada que un descendente de Celt -Colón de Porto Santo- será quen de guiar até a outra ríbeira. (nota 2)

En todas as fisterras atlánticas latexa un mesmo arquetipo: O océano como sinónimo de morte. Mais non morte como destrución, senón como coñecemento absoluto, o Alén, ese misterio que nos transcende.

Velaí o camiño de Santiago, viaxe física símbolo dunha gran viaxe interior. Canto máis avanza o peregrino cara o oeste, maior é a súa sabedoría. Día a día tras da rota do sol, até chegar ás portas do Máis Alá, á fin do mundo.

Por iso todas estas ribeiras falan da illa do paraíso. Situada na outra banda do mar maior, só poderán acceder a ela as persoas verdaderamente sabias: O xardín das Hespérides, o Tir na Nog dos mitos irlandeses, a illa de San Brandan ou de Santo Amaro navegante.

Moitos a procuraron e tivo que ser Colón, da xente de Celt, quen revelase para sempre o seu misterio.

Ofuturo é o pasado. Tivo que ser outro de Porto Santo, Oscar Ibáñez, quen lie puxese son a esta epopea: A grande aventura dos galegos polos caminos do mar -dende a Moureira a Cuba, dende Arxentina a Raxó-, viaxe de ida e volta que non acaba aínda que acabe o mar.

Todo estaba escrito, abofé. Atou Colón as térras que Celt desatou. Só cumpría que Oscar Ibáñez, gaiteiro! e a súa Tribo convertesen en música tanta viaxe, tanta vida, tanto océano!

1 Porto Santo -parroquia de San Salvador, concello de Poio- é tamén o lugar orixe do almirante Colón. Así o publicou en 1914 Celso García de la Riega. Dende entón varios estudos continuaron a achegar datos que avalan esta tese. E San Salvador foi precisamente o nome que elixiu Colón para bautizar a primeira térra que atopou alén do Atlántico.


2  Todos en Pontevedra saben que Colón naceu na outra beira da ría. Sábeno tamén na outra banda do mar. Velaí na Florida, Ponte Vedra Beach -antes Mineral City-, que mudou de nome por decisión dos seus vecinos para honrrar cada día á térra natal do descubridor de América.

 

alen do mar - oscar ibañez

alen do mar – oscar ibañez

O fillo de Celt – fragmentos

Ramón Cabanillas

A tribu ía en precuro

dunha lonxana térra

que soñara,

na que no-había sombra

nin escuro,

onde era a luz, eternamente serea,

limpa, maina e serea.

Do gran Celt ó comando

os guerreiros do clan á descoberta

e ó seu acougo os vellos, os meniños

as mulleres o gando,

seguindo ó sol na súa ruta certa,

rompendo touzas virxes, sin camiños

as almas acendidas,

nos beizos as cancións dos adiviños

e dos bardos druídas,

a tribu ía adiantando quedamente

até que a luz morría no oucidente.

Xornada tras xornada

unha morna mañán de primaveira

ollóu a tribu pola vez primeira

-pasmada, latexante,

ateigados os peitos de ledicia-

a terra benamada

que, séculos adieante

foi chamada Galicia.

Tremente, Celt, baixou do seu asento

e espindo a antiga, milagreira espada

no circo astral dun dolmen de conxuro

polas mans dun loxano abó forxada,

con brazo forte e duro,

até a cruz do batido empuñamento

afundéuna no chan.

Erguéuse un vento

que abateu os chouzales con estrondo

e a terra esburacada

no seu máis irto fondo

foi fendida e ó longo separada.

Polo furo, xurdéu o mar bruante

lanzando ó creo inxente e inmenso

tormentoso, arrabiado, asoballante

que brandando caiéu no aberto laño.

A terra virxe, por demáis belida,

da celénica tribu inda iñorada,

de albas escumas, arredor cinguida,

nas ágoas a ferver ficóu vagante

e cara ó sol que morre encamiñada,

paseniño alonxóuse mar adiante.

Neto dos netos do gran Celt, un día,

do Lerz, o sagro río, na ribeira,

axexa do outo mar a lonxanía,

coa alma nun ensoño viaxeira,

garrido mozo de mirar sereo

que na inquedade dun estrano arrobo,

ve locir as estrelas de outro ceo

e soña eos irmáns dun mundo novo.

De volta dun viaxe,

polos mares da Irlanda,

-dezaoito remeiros cada banda,

tódolos trintaseis do seu linaxe-

bota os rizóns ó pé da antiga ponte

antre a bulla da xente cramorosa,

o veleiro navio que comanda

Domingo Fonterosa.1

 Ó crarordo luar

a cibdade sosega.

E alá, medio da ría silenzosa,

encendéuse a brilar

a farola de proa de “A Gallega”;

a caravela sagra e misteriosa

que un dia verá térra alén do mar!

O mozo que axexaba

os camiños do mar na lonxanía,

axoenllado de dolor choraba

fonda e segreda coita,

cando, da noite á donda claridade,

trasposto ó ceo, escoita

a voz da Saudade:

“¡Tí eres, Ti, o unxido e o escolleito!

¡O Mar das Trevas, longo e tromentoso

aberto e ceibe está; grorioso feito

ten de ser o teu soño miragroso!

¡O que Celt desatóu contra o Destiño,

Poñendo por valado o fondo mar,

Seguindo sempre ó sol no seu camiño

Colón, filio de Celt, teño de atar!”

 

Nota do editor: Domingo Fonterosa, heterónimo do propio Colón de Pontevedra, pois compendia o nombe do seu pai, Domingo Colón e o apelido da súa nai Susana Fonterosa.