VOLVER
OS
IRMANDIÑOS
HISTORIA DE GALICIA
REIS DE GALICIA
Época sueva
HERMERICO (410-438): chegada dos suevos a Galiza;
foedus con Roma (410) e nacimento do Reino suevo de Galiza;
enfrontamentos cos vándalos; ocupación de toda a Gallaecia; Orósio visita Africa
(415); Idacio bispo de Chaves (427)
REQUILA (438-448): expedicións militares por Hispánia.
REQUIARIO (448-456): conversión ao catolicismo (449); derrota no Órbigo ante os
visigodos (456), que invaden o Reino, asaltan Astorga e saquean Braga; prisión e
asesinato do rei.
FRANTÁN (456-457): momentánea división do Reino.
MALDRAS
(456-459): reunificación (457) e restauración do Reino; conflictividade social
coa aristocrácia galaico-romana; asesinato do rei (459); conspiración
(fracasada) romano-visigoda e matanza de nobres galaicos en Lugo (Pascua, 460).
FRUMARIO (459-463): nova división do Reino
REMISMUNDO (459-?), fillo de Maldras: reunificación
do Reino (463); paz cos visigodos e conseguinte conversión ao arrianismo (465).
Período escuro (468-550): TEODEMUNDO (??).
CARRIARICO (?-559): chegada de Martiño de Dúmio e conversión da Corte ao catolicismo (550); alianza con bizantinos e francos.
TEODOMIRO (559-570): conversión de todo o Reino; Iº Concílio de Braga (561); Parrochiale suevum (569?).
MIRO (570-583): IIº Concilio de Braga (572); intervención na guerra civil visigoda; fracaso da expedición a Sevilla (583); morre de regreso a Galiza.
EURICO (583-584): conflito civil e destronamento.
ANDECA (584-585): intervención visigoda e anexión do Reino.
Integración na monarquia visigoda (585-711)
Formación da monarquía medieval (sen apenas dados documentais)
PAIO (718-737): suposto primeiro rei, ao que as crónicas árabes ubican na Galiza.
FAVILA (737-739)
AFONSO I (739-757): restaura a fronteira no rio Douro.
FROILA I (757-768): funda Oviedo.
AURELIO (768-774)
SILO (774-783)
MAUREGATO (783-789): aliado co Califato de Córdoba.
VERMUDO I o Diácono (789-792)
Fase de consolidación
AFONSO II o Casto (791-842): estabelece a Corte en
Oviedo; descobrimento do sepulcro de Santiago (813); "Afonso, rei dos
galegos ", chama
-lle o cronista Al-Razi.
RAMIRO I (842-850): primeiro ataque normando (846) e milagre do bispo Gonzalo de Mondoñedo, que funde á frota inimiga; sepultado na Cat. de Oviedo.
ORDOÑO I (850-866): traslado da sé de Dumio a Bretoña-Mondoñedo; restaura e fortifica Lugo, Tui, Compostela, Oviedo e León.
AFONSO III, O Magno (866-910): ocupa e restaura Braga, Porto, Lamego, Viseu e Coimbra (876-878); consagración da primitiva Cat. de Santiago (899); destronado por tres fillos que reparten o reino.
Aparición das diferéncias territoriais

ORDOÑO II: rei dos conventos lucense e
bracarense (910-924); no 914 accede tamén ao trono de León, onde asenta a
Corte;
restaura Santo Estevo de Ribas de Sil; enterrado na Cat. de
León.
FROILA II (924-925): Irmán do anterior; elixido asembleariamente, sendo até ese momento rei en Astúrias (desde 910); une a sé de Íria a Compostela.
SANCHO ORDÓÑEZ (925-929): fillo maior de Ordoño; reina exclusivamente nos conventos lucense e bracarense (Galiza e Portugal); Rosendo, bispo de Mondoñedo.
AFONSO IV (929-930): irmán do anterior; reinaba antes en León.


RAMIRO II (930-950): irmán dos anteriores; vence oposición en León e Asturias; Rosendo monxe en Celanova (942).
ORDOÑO III (950-955): enfrentase á conspiración do conde castelán Fernán González (953).
SANCHO II, o Gordo (955-956 -primeira etapa-); destronado por conspiración do conde Fernán González de Castela.
ORDOÑO IV (956-960); aliado do dito conde, concede a independéncia ao condado de Castela; regreso do rei anterior, apoiado polo califa Abderramán III.

SANCHO
II (960-967 -segunda etapa-): o bispo Sisnando fortifica Santiago;
embaixada "do rei de Galicia" a Córdoba
(965); rebelión impulsada por Sisnando; unha vez vencida é colocado Rosendo na mitra compostelá; sublevación
portuguesa e asasinato do rei.
Interregno (967-980), sendo Galiza (e Portugal) governada pola nobreza e clero, que non aceptan ao rei proclamado en León; ataque normando e morte de Sisnando en combate (969).
VERMUDO II (980-999): coroado en Santiago; fillo de Ordoño III; posíbel alianza inicial con Almanzor, libra unha batalla indecisa contra Ramiro de León; entronizado en León (982); enfrontamento con Almanzor, que ataca León e Astorga (982); nova expedicion árabe (985) e perda de Coimbra; Pedro Mezonzo bispo; célebre ataque de Almanzor contra Santiago (997); enterrado en San Isidoro de León.

AFONSO
V (999-1027): restauración e Foral de León (1020); morre no cerco de
Viseu; enterrado en San Isidoro de León.
VERMUDO III (1027-1037): nacimento do Reino de Castela (1032); guerra contra Fernando de Castela (cuñado seu), na que morre; enterrado en San Isidoro de León.
Período de inestabilidade territorial
FERNANDO I (1037-1065): rei de Castela, casado con Sancha, irmá de Vermudo, pola que obtén a Coroa de Galiza; adopta título de Emperador e recebe vasalaxe de reis árabes; soterrado en San lsidoro de León.
GARCIA (1065-1072): fillo do anterior, recebe os territórios de Galiza-Portugal; rebelións de señores mozárabes portugueses; destronado e preso polo seu irmán Afonso, que reinaba en León; soterrado en San lsidoro de León.


AFONSO VI (1072-1109): início da Cat. de Santiago (1075); no 1092 entrega a soberania da Galiza actual ao conde REIMUNDO DE BORGOÑA (+1107, enterrado no Panteón Real da Cat. de Santiago), casado coa sua irmá Urraca; Xelmírez bispo de Compostela (1101).
URRACA (1109-1110): casada de novo con Afonso de Aragón, ten forte oposición en Galiza; soterrada en San lsidoro de León.
Era Compostelá (período de esplendor)
AFONSO REIMÚDEZ ou VII, Emperador (1110-1157): entronizado en Santiago por Xelmírez e Pedro Froilaz, conde de Traba; revolución burguesa en Compostela (1116); Xelmírez primeiro arcebispo de Santiago (1120); separación definitiva de Portugal (1121); entronización en León e Castela (1126); asume o título de Emperador (1135); História Compostellana e Códice Calixtino.
FERNANDO
II (1157-1188): reina sobre Galiza-León (incluindo Asturias e norte de
Extremadura); gran expansión dos Concellos urbanos;
soterrado no Panteón Real da Cat. de Santiago.
AFONSO VIII (1188-1230): florecemento da lírica; soterrado no Panteón Real; o seu fillo Fernando III asumirá primeiro a Coroa de Castela (1217) -pola sua nai Berenguela- e despois tamén a de Galiza-León (1230), pero desde entón Galiza fica integrada na chamada Coroa de Castela, sendo este Reino o que dentro dela asume o papel dirixente.
Autor: Anselmo López Carreira.